Tuesday 30 de April de 2024

Miñones reivindica os 4 millóns de euros investidos polo Goberno de Pedro Sánchez en Cerceda: ” nunca ningún goberno investira esta contía”


–O cabeza de lista ao Congreso na provincia participou xunto ao secretario provincial Bernando Fernández e outros candidatos e candidatas socialistas nun encontro coa militancia en Cerceda

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña celebrou en Cerceda un encontro coa militancia ao que asistiron candidatos ao Congreso como José Miñones e Obdulia Taboadela e candidatos ao Senado como Xosé Sánchez Bugallo ou Natividad González Laso. Estivo tamén o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro.
Miñones, cabeza de lista ao Congreso na provincia, aproveitou para destacar a inversión de 4 millóns de euros que o Goberno de Pedro Sánchez realizou nos últimos 5 anos en Cerceda. “Nunca ningún goberno investira esta contía”, reivindicou.
Pola súa banda, o candidato número 1 ao Senado polo PSdeG na provincia, Sánchez Bugallo, referiuse ao debate electoral entre Sánchez e Feijóo, sinalando que “un dos temas máis relevantes foi a mentira de Feijóo das 2.500 vivendas sociais construídas pola Xunta, que en realide foron unha docena”. “É necesario poñer a política de vivenda no centro das prioridades políticas”, afirmou.
Despois do encontro, os candidatos aproveitaron a ocasión para visitar a nova senda peatonal financiada polo Goberno, así como o Aquapark, que tamén contou con financiación estatal.